Mañás de Verán

Escrito por Abeiro. En Abeiro

Prazas esgotadas!

As Mañás de Verán é unha oferta educativa e de conciliación laboral na que ofreceremos unha gran variedade de actividades para rapaces e rapazas nados entre os anos 2004 e xuño de 2010; dende o día 1 de Xullo e ata o 24, de Luns a Venres en horario de 9:00 a 14:00 no noso Centro Xuvenil.

Podedes descargar a inscrición aquí.

Clausura da Semana Solidaria

Escrito por Vagalume. En Vagalume

Moi boas a todos,

Fai unhas semanas que rematou a semana solidaria. Foron uns días de esforzo, gañas e ilusión nos que todo Abeiro e obra salesiana movilizámonos para colaborar cos proxectos propostos pola nosa federación de centros xuvenís. E como mostra o que escribiron os nosos pequenos de Tardes Abertas: 

"Hoy en Tardes Abertas hicimos broches, marca-páginas para vender y conseguir dinero para los que lo necesitan. Además pintamos un cartel con pintura poniendo manos, dedos, nombres, codos...que ponía postre solidario. Lo pondremos con los postres que traigamos mañana; los hicimos con nuestros papis"


Moitas gracias a todos por botarnos unha man. Atopamos verdadeiros músicos, actrices-actores e reposteiros.

Esperámosvos o vindeiro ano!!!

 

Pd: Se queredes lembrar todo o que fixemos nesta semana podédelo facer aquí: www.cxabeiro.org/semanasolidaria

Día da Federación 2013: 20 anos da Federación

Escrito por Manu. En Federación

Este sábado pasado 27 de Abril estivemos de celebración, era o Día da Federación e animadoras e animadores de todos os centros xuvenís que compoñemos a Federación de Centros Xuvenís Don Bosco de Galicia xuntámonos para celebrar que somos membros dela; e neste ano con máis motivo ao cumprir os 20 anos da súa fundación.

A festa comezou entorno ás 19 horas coa benvida por parte de Marcos, presidente da Federación, Farruco, director da casa e centro xuvenil de Santiago que nos acollía e de Rebeca Domínguez, concelleira de Xuventude de Santiago.

A continuación comezamos a festa cun Grand Prix. O resultado de Abeiro na clasificación final non merece a pena contalo, pois o importante foi que todos no lo pasamos moi ben. Despois veu a cea enxebre coa tarta de cumpreanos, pero antes diso ensaiamos un pouco o flashmob que prepararon os voluntarios europeos do centro xuvenil de Santiago e que mais tarde realizaríamos.

Despois da cea e un café quente foi o turno da Historia Vivinte polo casco vello da cidade; na que mediante un xogo polas rúas varios personaxes fóronnos descubrindo anacos da historia desta gran cidade.

A festa estaba a piques de rematar, pero antes xuntámonos todos na Praza da Quintana para facer o flashmob, mágoa que por dificultades técnicas foinos imposible facelo e amañamos en seguida cunha carreira de cabalos para deleite dos espectadores.

Xa de volta no centro xuvenil que nos acollía puidemos facer o flashmob e concluímos a festa cun show de maxia, unha queimada e un moi breve espectáculo pirotécnico antes de voltar todos para as nosas casas.

 

Coma sempre foi un pracer e unha ledicia poder compartir cos nosos compañeiros/as e amigos/as de todos os centros xuvenís un día de festa e agardamos xa pola vindeira xuntanza.

 

Felices 20 anos da Federación e a seguir cumprindo máis!

Contacto

Centro Xuvenil Abeiro
Rúa Don Bosco, 1
15003 A Coruña
Tlf:  693 84 60 23
Este enderezo de correo está a ser protexido dos robots de correo lixo. Precisa activar o JavaScript para velo.

En Twitter